sexta-feira, 24 de agosto de 2007

ASINA O MANIFESTO


MANIFESTO POLA NORMALIDADE EN GALIZA O 12 DE OUTUBRO

Polo recoñecemento da nosa Nación, Galiza, e observando a enorme involución na que a clase política do estado hespañol está someténdonos; os asinantes deste manifesto convocamos:

Á clase traballadora, o sector empresarial, o persoal docente e académico, as/os estudiantes, a tódalas nais e pais de alumnos, as funcionarias e funcionarios, as/os dirixentes políticos, aos cadros internos de tódolos partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais, e todo tipo de asociacións; A TODA A SOCIEDADE GALEGA EN XERAL:

A participar o próximo día 12 de Outubro nunha xornada laboral e docente de normalidade.


Galiza non pode parar un día por que dende o estado hespañol decidan celebrar unha festa allea a nós. Os galegos e galegas xa celebramos o día nacional de Galiza ou día da Patria o pasado 25 de Xullo. Nós non esiximos a ningunha outra nación ou estado do planeta a que obrigatoriamente celebren esa festa que é nosa, e so nosa. Coma mesma esiximos ao estado hespañol a nosa liberdade de non celebrar unha festa allea a Galiza como é o legalmente denominado “Día da Festa Nacional de Hespaña”.

A sociedade galega non deixa de traballar o 11 de setembro, día nacional de Catalunya, nin o 14 de xullo día nacional de Francia, nin tan sequera o 10 de xuño día nacional de Portugal. Nin nós deixamos de traballar na nosa nación eses días, nin eles esíxenos tal.

O día 12 de outubro, os que teñan algunha enfermidade que esixan a vez para o seu medico, as nais e pais que esixan as aulas abertas para as súas fillas e fillos, as/os estudiantes que esixan ao profesorado que imparta clase, os/as traballadores/as e empresarios/as que acudan con normalidade ao seu posto de traballo, as funcionarias e funcionarios que se dirixan como cada día ao seu posto na administración. As/os dirixentes políticos que acudan aos seu despachos.

Galiza faise traballando, e demostrando publicamente que queremos traballar. Que o estado hespañol non nos impida exercer a nosa liberdade de traballar, de estudiar, de aprender ou de obter os servicios básicos de calquera día.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO ASINA ESTE MANIFESTO.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, NON PARES GALIZA.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, QUE NON PAREN GALIZA.

COMO ASINAR?

Para asinar o manifesto, envia un correo a
indicando o teu
Nome
Profesión
Localidade ou Nación